Monday 29 de April de 2024

O Concello incorpora clases de xadrez á programación de actividades deportivas


Abre inscricións na actividade, dirixida a nenos/as e persoas adultas

O Concello de Neda incorpora xadrez á programación de actividades deportivas #NedActívate. O centro cívico será o escenario onde se celebren as clases a partir do próximo mes, de reunirse un número mínimo de participación. Terán periodicidade semanal, os mércores, en horario de 18:00 a 19:00 horas. Están dirixidas tanto a nenos e nenas a partir de 6 anos, como a persoas adultas, e a inscrición pode formalizarse xa. Debe realizarse no centro cívico, de luns a venres de 9:15 a 12:15 horas, e o Concello pon a disposición da veciñanza o teléfono 981 49 44 31 para atender consultas -nese mesmo horario-.

A cuota mensual da actividade é de 7,74 euros para os/as menores de 14 anos; de 9,91 euros para aqueles de 14 a 18 anos, e de 18,24 euros para os/as maiores de idade.